6 Aug 2026, 09:56 UTC139 viewsread 7 August 2026 Photo
📢 Este xoves agardámosvos no acto de inauguración do Pavillón Municipal de Deportes de Beluso.
O acto comezará ás 20.00 horas e nel tamén homenaxearemos a deportistas e clubs da vila, polo que será unha gran festa de agradecemento ao deporte local, e no que se abre a toda a veciñanza que queira participar. Ademais, haberá actuacións musicais e algunha que outra sorpresa.
🤸 Vémonos pola tarde?
Signed Comunicación Concello De Bueu
6 Aug 2026, 08:22 UTC153 viewsread 7 August 2026 Photo
ℹ️🕶️ O Concello de Bueu ESGOTOU todas as lentes para a eclipse solar. Cómpre salientar que, tras o anuncio deste mércores ao mediodía, foron entregadas por orde de chegada na Oficina de Turismo. Ante a gran afluencia, esgotáronse e xa non dispoñemos de máis para a súa entrega entre a veciñanza.
Desculpade as molestias.
Signed Comunicación Concello De Bueu
5 Aug 2026, 10:39 UTC197 viewsread 7 August 2026 Photo
📢 🕶️ O Concello de Bueu repartirá de balde lentes para ver a eclipse solar do 12 de agosto.
☑️ As persoas que o desexen poden solicitalas na Oficina de Turismo ata fin de existencias.
☑️ O horario da Oficina de Turismo é todos os días de 10.00 a 15.00 h, agás os martes que estará pechada.
Signed Comunicación Concello De Bueu
5 Aug 2026, 06:24 UTC198 viewsread 7 August 2026 Photo
📢Este mércores continúan as actividades do ciclo "Palabras que nos constrúen", que organiza o Concello de Bueu e o grupo O mar por diante.
📖 Ás 20.30 horas podedes gozar no Centro Social do Mar de “Texto e territorio VI” na que participarán artistas da vila ou vinculados a ela, como Xavier Castro, Covadonga López, Elena Bangueses e Belarmino Barreiro, coa moderación de Salvador Castro Otero.
👌 A través desta mesa a…
Signed Comunicación Concello De Bueu
4 Aug 2026, 09:41 UTC206 viewsread 7 August 2026 Photo
🤩🎉 O Concello de Bueu organiza o 7 de agosto a Festa de Sanamedio, que se celebrará durante toda a xornada no Adro do lugar.
☑️ Comezará o día con oficios relixiosos ás 9.00, 10.00 e 11.00 h e misa solemne ás 12.00 horas. Ao remate haberá sesión vermú coa charanga OT.
☑️ Pola tarde, a partir das 17.00 horas haberá xogos populares, ás 17.30 horas actuará o grupo Ida y Vuelta e pola noite haberá verbena co grupo Dist…
Signed Comunicación Concello De Bueu
4 Aug 2026, 07:10 UTC204 viewsread 7 August 2026 Photo
🎪 🤡 O Concello de Bueu comeza este martes co programa "Verán na rúa", no que traeremos espectáculos todos os martes.
Hoxe acompañaranos A vela Circo e “O último que apague a luz”, que se propón coma unha aloucada cerimonia que nos fará reflexionar sobre o porqué de certas tradicións. Neste ritual, como en toda gran voda, mestúranse o clown, equilibrios sobre torta, manipulación de obxectos entre veos e o lanzamento …
Signed Comunicación Concello De Bueu
3 Aug 2026, 08:09 UTC219 viewsread 7 August 2026 Photo
📢 Tes que facer ou renovar o DNI?
O equipo móbil da Policía Nacional estará en Bueu nas seguintes datas:
- 3 e 17 de agosto
- 7 e 21 de setembro
A cita previa podedes collela na Policía Local de Bueu
Signed Comunicación Concello De Bueu
31 Jul 2026, 11:52 UTC356 viewsread 7 August 2026 Photo
ℹ️ Apertura do Parque de As Lagoas
▪️ Ante as queixas producidas este venres no Concello, o alcalde e o grupo de goberno reuníronse para valorar a situación do peche do Parque de As Lagoas polo Festival Sonrías Baixas.
▪️ O parque volverá estar aberto para o seu uso por parte da cativada a partir da primeira hora da tarde deste venres, e as mesas retiradas.
▪️ O Concello traslada as desculpas á veciñanza afectada.…
Signed Comunicación Concello De Bueu
31 Jul 2026, 09:48 UTC307 viewsread 7 August 2026 Photo
Photo, posted without a caption
Signed Comunicación Concello De Bueu
31 Jul 2026, 09:47 UTC299 viewsread 7 August 2026 🤩🤹♀️🎥Chegan o "Verán na rúa" e "Cinema na rúa"
O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura, organiza este mes de agosto o ‘Verán na rúa’, un proxecto con espectáculos para a cativada que incluirá diversas disciplinas como monicreques ou malabares, e tamén cinema.
As actividades de espectáculos desenvolveranse todos os martes de agosto a partir das 20.30 horas na Praza Massó, mentres que o cinema será os…
Signed Comunicación Concello De Bueu
30 Jul 2026, 08:46 UTC288 viewsread 7 August 2026 Photo
⚽ O Concello de Bueu organizará o próximo xoves, 6 de agosto, a inauguración do Pavillón Municipal de Beluso. No acto, que terá lugar ás 20 horas, tamén se homenaxeará aos clubs e deportistas individuais da vila, no que pretende ser a gran festa do deporte local, coa asistencia deles e a entrega duns agasallos institucionais por parte do Concello.
Dende o goberno local convídase a todos os colectivos e veciños e vec…
Signed Comunicación Concello De Bueu
29 Jul 2026, 10:38 UTC317 viewsread 7 August 2026 Photo
ℹ️📚 Dende o 3 ao 18 de agosto, a Biblioteca Municipal de Beluso permamecerá pechada por vacacións do persoal.
Lembrade que neste tempo podedes seguir facendo uso da Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu, que ten un horario de 8.00 a 14.00 horas.
Signed Comunicación Concello De Bueu
Showing the 12 most recent of 16 posts we hold for @ConcelloBueu. View and reaction counts are the latest single reading for each post, not a live figure, and a recent post is still accumulating both. A view count marked ≈ was rounded by Telegram before we ever saw it — t.me prints views in full below 1,000 and to three significant figures above, so ≈1,200,000 means somewhere between 1,150,000 and 1,249,999. Unmarked counts are exact. Text is reproduced from the public post preview and truncated for length.